venres, 18 de outubro de 2013

Cienfuéns: Licantropunk

Outra creación marabillosa de Albert Salvadó e Sandra Rabassa. E unha desas vías que nos reconcilia coa rocha e nos mostra a beleza da escalada de autoprotección, unha xoia onde lembrar iso da "arte de escalar", nun lugar que aínda mantén certo espirito salvaxe, máis isolado do que en principio poida pareder pola cercanía da civilización, modesto en altura mais onde ningunha vía se fai curta, paraíso do sol en épocas frías e cun conxunto de rotas que impoñen a súa personalidade salvaxe e indómita, a mesma que caracteríza o lugar. En fin... unha vía realmente preciosa pola que hai que felicitar aos aperturistas.
Quedei con Martín que era a primeira vez que escalaba en Cienfuéns... e as primeiras veces neste lugar pasan algo de factura, aínda que Martin ao seu ritmo sempre vai coma un titán! he he... temos que repetir a experiencia que cerca da casa hai que familiarizarse cos penedos, he he! A Licantropunk é unha vía moi mantida en 6b+/6c, con varias seccións de A0, e onde os empotradores serán os nosos mellores colegas; o L1 e L2 poden unirse perfectamente pero hai que contar con bastantes cintas porque nós levabamos 14 e, no segundo diedro (antes da sección de A0), tiven que baixarme a facer a R1 por quedarme sen cintas; un longo realmente precioso e, coido, talvez o máis duro! O resto da vía tamén e fantástico... a trave do L3, a placa de saída do L4, e os múltiples diedros e fendas que imos enlazando e cosendo ata o cumio; a rocha e bastante boa, excepto nalgúns tramos onde se nota que o paso das cordadas foi saneando bastante... a vía non ten perda co bosquexo que Albert colgou en caranorte, talvez no último longo se poida dubidar máis trátase de seguir polo máis evidente e non abandonar o diedro ata que non se vexa claro. Vía co selo de Albert Salvadó: continua, apretona e cos seguros precisos onde non podes autoasegurarte... un rutón realmente moi recomendable!

Na fenda que sae da R1, non é que vaia sobrao... non hai seguros ata máis enriba porque tentaba facer o L1+L2 pero quedei sen cintas e baixei a facer a R1, os primeiros seguros leveimos comigo porsi... he he, longo excepcional, 7a+/b (6c/A0), pode ser interesante levar un pedal para o Ae.

Martin apretando nese L2, antes da sección en A0... que ten unha saída en libre ben fina!

O meu compi saíndo da R2, verticalidade pura en Cienfuéns!

De novo Martin, agora completando esta travesía guapísima no L3, 7a/7a+ (6b+/A0)

Trave bonita e fotoxenica, he he, fantástico Cienfuens!

Saíndo da R3 hai unha apretada! 6c.

Unindo fendas e diedros na vertical...un titán chegando á R4.

Martin chegando ao cumio! neste longo cómpre non liarse e saír do diedro cara á dereita cando nolo pida a rocha, mais ou menos en dirección a un teito que temos á dereita, e bastante por riba da árbore evidente! Aínda que a saída está rota nos últimos metros a tirada é moi boa... outro longo máis onde levar os empotradores a man! 7a (6b+/A0)

2 comentarios:

  1. Ola, son Carlos do roco de Lugo.
    Fai tempo rque non visitaba o blog. Como sempre, as escaladas e as fotos espectaculares.
    Por certo, intento (com pouco éxito) aplicar os consellos que me deches no roco.
    Vémonos, aínda que estarei 2 ou semanas sen ir por un problema físico.
    Chao

    ResponderEliminar
  2. Un saúdiño Carlos, eu tampouco estou baixando pq ando fodido dun cóbado aínda que, de cando en vez, vou a dar unhas voltiñas para ir probando, aos pouquiños pero andando! Vémonos!

    ResponderEliminar