domingo, 18 de agosto de 2013

Midi d´Ossau: Espolón este

Soben os murcianos, Julián e Perico, dinme que busque algo interesante para trepar e eu curro pola noite así que... algo rápido e con efecto como unha Ravier, fácil e bonita alén de estar situada nun lugar paradisíaco como o Midi, todos os astros en liña e finalmente tamén se apunta Ángel que está coa familia na casa de Martin e fai un escaqueo expres. Xa estabamos dúas cordadas así que máis non se pode pedir!
A via é bonita e rápida, se se fan só os sete primeiros longos e se rapela, o cal parece ser bastante común, o Bosquexo do luichy como sempre inmellorable, tamén para baixar da R7, salientar ese último longo de 6b porque é unha beleza onde gozar da escalada e da autoprotección de friends e empotras, por ese longo paga a pena a visita, déixovos cunhas fotos.

Ángel atacando o L1, un diedro ben bonito, Vº.

Julián nese mesmo longo, unha gozada!!

Ángel na travesía, 6a no que cómpre minimizar a posible caída, principalmente do segundo.

Despois dalgún longo de transición aparece outro ben bonito de Vº, Julian trepando asegurado atentamente por Perico!

O sétimo longo é unha pasada, dos bos longos que se poden trepar no Midi, Ángel dominando a materia desa fenda preciosa! 6b.

Perico apretándose con sutileza ese bonito sétimo longo

Os meus tres compis co Midi ao fondo, aínda había bastante neve na montaña! Como sempre un pracer compartir vias convosco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario