luns, 26 de agosto de 2013

Horcados Rojos: Carolina

Os Horcados Rojos son esa muralla pola que pasamos cando xa levamos unha hora de pateo desde o cable (Fuente Dé), tamén é un canto de serea ao ollos do escalador, a súa cor e verticalidade énchennos de calor e inquedanza. Nas últimas décadas tamén veu sendo territorio de aperturas de corte moderno por escaladores cántabros, falamos principalmente dos "Cholos" e colegas, que deixaron a súa pegada histórica neste muro, non só polo número de vías abertas senón tamén polas características das mesmas, coas que conseguiron afondar na cultura aperturista dos Picos levándoa a un lugar novo e avanzado ao seu tempo.
Levabamos uns días facendo deportiva pola Hermida e tocaba algo de tapia, Manolo marchou para Riglos e Toño e eu pensabamos subir aos Horcados Rojos. Como Toño coñece a tododeus chamamos a Javi que deseguida buscou un oco para subir escalar connosco, e estando co pai das criaturas deixamos que nos levase... recomendounos ir escalar Carolina e foi un auténtico pracer repetir este rutón cun dos aperturistas e dos escaladores máis prolíficos dos Picos nas últimas décadas, alén diso todo un señor porque decidiu asignarse os dous primeiros longos, os máis aventureiros e expostos, e coma peixe na auga! Hai uns anos linlle a Simón Elías unha entrada no blog que fai en Desnivel e gustoume, alén de que acho que é dos alpinistas que ademais  sabe escribir; reproduzo o final dese texto porque penso que fai xustiza dalgunhas persoas, entre outras moitas, que nunca buscarón estar diante dos focos: Los "Cholos" han dejado de ser una leyenda para convertirse en una cordada sólida, heredera de las mejores tradiciones del aperturismo ibérico, y ahora sus rutas son un reclamo para los momentos de gran forma. Su escalada, a veces incomprendida, es lo más grande que se ha hecho en Picos de Europa en los últimos 20 años.
Toño fainos esta foto no vivac, excelente lugar para deixar a mochila e preparate para trepar!
A parede sur dos Horcados Rojos, todo un murallón!
Contraluz de Javi no inicio da rota, o comezo xa che indica de que vai isto, 6b delicado e expo ata que metes un friend onde se pecha a fenda.
O segundo longo tamén o fixo o noso anfitrión, alucinante travesía onde templar nervos! 6a+
De novo Javi na travesía, fina fina e expo ata que chegas a unha fenda cun pitón.
Toño é Javi na placa de 6c+... o L3 e L4 pódense empalmar perfectamente, 6c+ e 6a, unha placa e un diedro desplomado boísimos.
O L5 tampouco ten ningún desperdicio, 6b... paso algo bruto (na foto), pequena travesía moi chula e diedro-canle máis fáciles. Con outro longo de diedro-cheminea de V+ e unha trepada de III chégase ao cumio.
 No bosquexo tedes o material que levamos e por veces fixo falla, os empotras levámolos e non os usamos, con 10-12 cintas teredes suficiente. Unha rota con sabor a aventura e con bastante exposición nos dous primeiros longos.

6 comentarios:

  1. Unha vía de montaña das boas... Debe ser impresionante escalar nese escenario. Apertas.

    ResponderEliminar
  2. Ola Diego, aventura e exposición... a máxia coa que estes titáns navegaron por este mar de caliza, saúdiños!

    ResponderEliminar
  3. Asi da gusto Xoxe la Carolina con guia,.....jejejeje, menuda llanta pegue yo por ahi de guaje, ya veo que sigue sin poner casco el Javi, ye duru como les piedres, que envidia ver fotos de Horcados Rojos.... un saludo

    ResponderEliminar
  4. Pues si Edu, con mejor guía imposible, he he, el Javi ye de los recios y con un corazón q no le cabe en el pecho, un saludo!

    ResponderEliminar
  5. Qué bueno Xosé, hacer Carolina, pedazo vía, y encima con el Rabadilla, que es pequeño de estatura, pero en cuanto se agarra a la roca no veas si crece!
    Un saludo
    (Buen blog)

    ResponderEliminar
  6. He he, y que lo digas, pequeño pero "trepón"!! como tu dices un viote y con el mejor anfitrión! un abrazo Diego!

    ResponderEliminar