luns, 16 de setembro de 2013

Pisón: Directa Anglada-Guillamón

A primeira vía que se abriu nesta parte do Pisón foi a Directa Anglada-Guillamón (ou Espolón norte integral), en 1975, para min unha auténtica proeza destes catro grandes escaladores do momento: A. del Corral, A. García, V. Asensio e F. Orús. A rota vai na procura das fendas e logo busca a maneira de escapar do grande desplome que actualmente serve de saída para a vía Mi padre tiene sed, e faino elegantemente pola dereita gozando dunha rocha que, como soe ser nesta zona do Pisón, é inmellorable para ser Riglos.
Restaurada recentemente por Manolo e Toño, ía ir con Martín e Kiko facela pero ese domingo choveu, así que chamei a Toño que tamén a quería repetir porque, polo visto, non fixera ningunha ascensión completa desde que a reequiparon... dito e feito, un pracer navegar por eses muros limpos de magnesio e onde, aínda, hai que ollar para a rocha por se se vai algún bolo, alén de actualmente gozar da atención dalgún párabolt en lugares precisos e nas reunións. A única pega desta rota é que, ao ir dando voltas, outras posteriores lle foron tirando espacio e se meteron no seu territorio, coméndoa un pouco literalmente: La siesta del carnero métese pola fenda de inicio, o final da fenda do L2 ten moi próximas as chapas vermellas da Color púrpura, a fenda de inicio do L3 foi pisada por Mi padre tiene sed e no último longo metéselle polo medio a Hechizos del viento, polo que deixaron a saída común con Mi padre tiene sed. Todas estas vías teñen entidade por si mesmas máis, aínda así, a Directa Anglada-Guillamón mantén o seu espírito de rota clásica na que hai que navegar... para os amantes das vías rigleras!

Toño sobre a fenda que dá inicio á vía, a entrada é inmunda... dinámico a bloque ou cun pedal! 7a (V+/A1)

De novo toño saíndo da R4 enriba da entosta característica, 6b.

Outra foto saíndo da R4, este L5 e o seguinte son os clave da vía.

Toño saíndo da travesía clave que nos leva aos muros superiores do L6, 6b+.

O último longo deixárono común con Mi padre tiene sed, 6a+.
Finalmente o bosquexo! se queredes seguir ata a cima do Pisón o natural é continuar pola Anglada-Guillamón



2 comentarios:

  1. Como lo gozasteis ehhhhhhhhh RECIENTE RESTAURADA JEJEJE, la hice con Marta en el 2008 y tengo muy buen recuerdo de la via, eso si, alguna ojalata daba mieu jejeje. Un saludo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues si Edu, sin algún parabolt estratégico brillantico brillantico se te pueden subir los colores, he he. Así es una gozada, todavía hay que navegar pero las chapas brillantes dan un valor... he he, tu es que eres una mala bestia y la Marta una titana que te sigue por cada sitiooooo, he he, saluditos!

      Eliminar