martes, 9 de abril de 2013

Paret de Catalunya: Incrèduls

Despois dunha paradiña en Terradets chegamos a Montrebei, o prado da parede de Catalunya máis ben parece unha sementeira... e nós ao noso, que ao día seguinte hai que madrugar, xa que pola tarde dan posibilidade de treboadas. Estamos diante do sector que Picazo denominou "Horrores do Montsec", o nome combina perfectamente co traxe, e a nosa vía percorre o centro do Mástil Maior, entre a Latín Brothers, coa que comparte o primeiro e os tres últimos longos, e a Corbeau, da que se separa ao comezo do segundo longo. Toño queda durmido no tempo en que eu pecho o saco, toda unha conciencia tranquila!!

A Incrèduls é brutal... longa, dura e laboriosa, ao estilo de Montrebei, e de gran beleza, digamos que ten un atractivo que non nos deixará indiferente, he he, e do que gozaremos cada longo. Desde logo hai que felicitar aos aperturistas, principalmente porque elaboraron unha experiencia e deixárona íntegra para que os que foramos detrás tamén a gozasemos, aínda que con menos aventura, mais alén disto... hai que felicitalos pola súa visión e o estilo que usaron para abrila, parabéns! A rota levounos 8:30h. correndo nos últimos longos comúns coa Latin para fuxir da treboada, aínda así ao chegar á cima sarabiou un pouco. Levamos varios bosquexos mais o que máis nos gustou foi o de ressenya.

Toño inicia a rota neste L1 común coa Latin Brothers, este longo de 6a xa che indica de que vai isto!
O segundo longo, 6c, a Corbeau segue pola fenda da dereita, nós pasamos por baixo desa panza para meternos en territorio comanche, por onde os "increduls" achaban que non se podía meter unha vía! ha ha, bonito longo!
Toño comezando o L3, 7a, para min o longo chave da rota, 50 mts de loita e currarse a protección. Este é o único longo onde será importante levar un friend do 4, Toño deixouno na reu e, cando chegou á fenda gorda, escoiteino xurar en arameo, ha ha, finalmente tirou de inxenio arranxou cunha pedra empotrada, mais non estaba fácil!!
Iniciando a travesía do L5, 6a+, fantástica! Falta un pitón antes da reu, un pequeno susto que levaron Jorge e Chavi uns días antes, pódese pasar metendo un alien que dá máis moral ca outra cousa! Chavi tamén fala de lazar un tomillo... ha ha, hai que ver o tomillo!!!
Toño no L7, de novo chupando cámara neste bonito 6c, longo a longo mais non hai tregua! he he
Comezando o L9, o máis duro en libre, 7b, e que hai que curralo!
Saíndo dese mesmo L9, para os mortales será boa opción levar unha uña para un paso plaqueiro onde se atopa Toño.
Xa vos gostaría atopar esta reunión sempre, he he, reu e primeiro seguro como se fosen párabolts!!
A parede de Catalunya e os "horrores do Monsec", todo un espectaculo onde a natureza aínda se vive salvaxe!

3 comentarios:

  1. Ya veo que te acordaste del "tomillo". La Increduls es un pedazo de vía y como bien dices no regala nada.
    Aupa Xosé

    ResponderEliminar
  2. Completamente de acuerdo Chavi, es que me hizo gracia lo del tomillo, ha ha, un abrazo titán!

    ResponderEliminar
  3. Dón Antonio García Picazo. Eimmmmm

    ResponderEliminar