xoves, 7 de marzo de 2013

Izas: A Colgada.

Hai unha semana machei con Toño para Izas un pouco ás cegas... non sabiamos nada sobre como estaban as fervenzas nin a aproximación; esa semana fixera frío abondo e pensabamos que podían estar algunhas para escalar, algo pinchariamos! Cando nos puxemos fronte as fervenzas vimos que parecían algo finas pero que se podían facer Léau l´eau, Notre Dame e a Colgada (II/5+), esta última mostrábase hierática, como de costume, e como sempre é unha fervenza que che deixa bo sabor de boca... aló fomos! 
 No primeiro longo descubrimos que ía estar poderosa, a neve caída pudriu todo o xeo onde tocaba e chegar ata a R1, que estaba completamente enterrada na neve, era algo delicado. O L2 saía duro duro, o xeo estaba en boas condicións pero tiñas que pillar a zona máis vertical e desplomada, longo continuo e sen un só descanso, fuxindo de onde tocaba a neve porque estaba tan podrido que resgaba todo, así sempre na procura do vertical e coas pequenas coliflores do medio máis desplomadas do que nunca vira, en fin... se queredes facer un bo sexto este é o longo... vexamos algunha foto. 
Toño comezando a subir cara a fervenza, a visión da Colgada sempre atrae! 
Toño no L1, saíndo da ducha... mais agora tócalle neve e xeo podrído ata a reu.
Comezando o L2, moi duro pero unha autentica flipada!

4 comentarios:

  1. Menudo maquinon. Guapamente. A ver cuando me llevas a una de esas.

    ResponderEliminar
  2. Hasta yo me sorprendí cuando la vi formada, este año creo que se nos acabó el hielo, por lo menos para mi pq hasta final demes no vuelvo pero tenemos que vernos por la roca catalana cuando el tiempo mejore, un abrazo

    ResponderEliminar
  3. LA COLGADA NUNCA LO PONE FACIL...ES EL GRAN 5+ DEL PIRINEO...CUANTOS HEMOS SOPLAO AL AGARRANOS A LAS BENDITAS RAICES DEL PINOPARAGUAS ESI, QUE HAY MANGAU ARRIBA EL TO. UN SALUDO.

    ResponderEliminar
  4. Estoy contigo Edu! para mi una referencia del 5+! esta vez había guarrería helada para llegar a las raices y podias pillar sin gancheos extremos de roca a raiz, ha ha, un abrazo titán!

    ResponderEliminar