martes, 13 de decembro de 2011

Talembote: escalada no norte de Marrocos

Talembote está situado no parque nacional de Talassemtane, no Rif marroquino, ao norte da provincia de Chefchaouen. Trátase dun lugar próximo a Ceuta e que ben merece unha visita, a dúas horas de vehículo da fronteira e onde o tempo parece que se parou para continuar de vagar, unha aldea que se situou noutra dimensión onde a frase "prisa mata amigo" se convertiu nunha máxima que domina a liña que se extende polo espacio e polo tempo. Segundo pisas esta outra dimensión te convirtes en parte da aldea, non serás un membro da comunidade, pero camiñarás co mesmo ritmo e gozarás dun tempo que se extende sen présa, coma se nunca chegase o momento derradeiro.

 
Había tempo que Martin me propora unha visita a este lugar, varios colegas seus estiveran bastante tempo e equiparan un gran número de vías, o experimento promete: moita rocha e moito té con menta... e todo ao ritmo suave de paz interior que traen os ventos desta zona. Finalmente foise sumando peña e cando nos dimos conta eramos unha tropa, Martin, Axel, Ruben e Toño saian desde Huesca, desde Arten (Dolomitas) viña o Diego, que recolleriamos en Barajas, eu saín de Lugo e Gumi desde Madrid, onde nos xuntamos todos, para facer noite en Granada onde recolleriamos a Julian que viña desde Murcia e que xa tiña "secuestrada" a casa dun colega para durmirmos todos; un gran encontro multicultural, he he. Paliza de viaxe... pero un pracer chegar ao Café Rueda, onde o Axel era como da familia porque xa estivera outro ano equipando vías na zona, lugar auténtico con algunhas comodidades que van máis aló das instalacións, das que non pidades moito, pero con calor humano e vontade de que vos atopedes máis ca comodos... ben a gusto; bo rollo de natureza rifeña!

 
Foi pouco tempo pero tirámoslle todo o proveito posible, os primeiros días o tempo non acompañou moito pero puidemos visitar algúns sectores de deportiva, hai varios interesantes pero o mellor é o que queda por abrir, moitas posibilidades, principalmente na entrada ao camiño que vai ata a Ponte de Deus; o día de descanso houbo quen fixo turismo en Chefchaouen e outros decidimos equipar algunha vía no sector Pinchos, se levades parabolts no Café Rueda podedes pedirlle o taladro a Abdul que volo deixará de bo grao, principalmente se abrides vías de iniciación... En tapia tamén é posible abrir rotas pero para iso precísase máis tempo, escalamos na Parede de Gaza Pueblo de Monos (150 mts equipados, 6c+) e Julian e Diego fixeron tamén Achegua Chegua (via de aventura onde Diego tivo que deixar un cravo nun lugar onde se debera romper algo, 215 mts, 6c), e na Parede de Caiat fixemos África (excelente vía, 450 mts, 7a). Podedes atopar todos os croquis no Café Rueda e no Desnivel 297 hai un bo artigo onde se recollen a maioría deles.... hai van unhas fotos

Sobran as palabras... o Café Rueda dominando a parede de Caiat desde a estrada
Axel en Do Pekla, 6b+, sector Pinchos Central
Toño apreta en Vrtacka, 6c+ a bloque... sector Pinchos
Seguimos no Pinchos, de novo Axel, agora apretando nun 7a novo do que non lembro o nome.
Seguimos no Pinchos, Ruben sobrao de forza nun 6b de nome descoñecido, á dereita un amigo francés que se uniu a nós en Cibulaka, 6a.

Mais no Pinchos, Martin observa a sección dura de Z pekla, un 7a+ que quedou poderoso despois de que se me rompese o canto de saída da sección dura, aínda así non dá para chamarlle 7b!!
De novo Rubén, agora en Do Pekla, 6b+
As noites eran instructivas e culturais, he he, Axel demostrou que era un máquina da percusión!!
Estamos no sector Ratas, boas vías equipadas maioritariamente por xente de Guara, Diego escala Busca peligru, 6c.
Martin quentando en Axuxa, 6b+, boa vía aberta por Alex, á dereita Julián en Busca peligru, sector Ratas
Diego apretando en Pokrok nezatavis, 7b; ao fondo Rubén en Rafafary, 6a.
Ao pé do Ratas atopamos a este individuo que se encordaba de forma estraña... he he, ao Toño aínda hai que dicirlle que os tios levamos a cabeza máis embaixo!!
"Adam Ondra" pasaba por aló e fixémoslle unha foto no paso de bloque de Na 3 hodiny, 7b, fantástica vía!! he he!! Esta foto é moi boa porque me pillou en pleno movimento, non sei se o mérito é de Gumi ou de Julian!!
Na mesma vía, agora saíndo do teito onde remataban as dificuldades. Ao fondo vemos o sector Kefi Shop, zona de chorreras onde os monos che poden dar o día!!
Gumi postureando en Rafafary, 6a
Martin talonea neste paso a bloque de Pokrok nezatavis, 7b
Desde o pé de vía de Pueblo de monos descubrimos por qué levaba ese nome, os monos corrian pola que sería a nosa primeira reunión como se fosen lagartixas, na foto vense dous!
Toño no segundo longo de Pueblo de monos, 6b+
Desde a primeira reu de Pueblo de monos fíxenlle esta foto a Julián e a Diego entrando en Achegua chegua
Toño comeza o L4 de Pueblo de monos, 6c+.
Os almorzos eran un pracer ao pé da figueira do Café Rueda
Chefchaouen, unha vila de visita cultural obrigada... a unha media hora en coche
Diego comezando África, 7a, concordamos en que o primeiro longo é o máis duro da vía, Diego encadenou todo menos o L1 e o L3, este bicho funciona a tope, principalmente con frío.
Outra vista de Diego no L1 de África. Iamos duas cordadas: primeiro Diego e Toño e por detrás Martin e eu.
Martin no L2 de África, 6b.
Martin no L4, 7a, na reu atópase con Toño mentres Diego comeza o L5, tamén de 7a.
Saíndo do avismo no L5, 7a, desde aquí accédese á gran repisa que nos situaría ao pé do segudo muro
Martin comezando o segundo muro e empalmando o L6 e L7, IV+ e 6b, a néboa que nos acompañara case toda a ascensión agora envólvenos por momentos
Preciosas placas neste segundo muro, Martin chegando á R8 no medio da néboa, V+.
Chegando á R9, 6b+, Diego e Toño van por riba nosa. A cordada de sementales con churumbel tiñamos que ter levado algo para entreternos nas reunións porque Diego e Toño descobríronse como homes tapia algo lentorros, he he.
Esta foto é im-presionante!! todos con forro e chupa porque ía frio e humidade de verdade... excepto o dolomiti que está afeito ao tembleque de dentes e que ía... en marga curta!!! Ao fondo, na curva-cruce está o Café Rueda
Último longo que negocia o Martin, 6b, pillei un rebote... cando ía subindo a Toño acorréuselle unha das súas e largoume a corda para montar o primeiro rápel, fixoo sen avisar e con intencion Toño-tocapelotas, ademais acertou de cheo... 70 mts de corda que me caeron en toda a testa!! se o pillo nese momento tíroo en salto base por chistoso, he he.
Todo o equipo acompañados de Rachid e Abdul
Sector PINCHOS Dereita. En vermello as dúas vías que abrimos o día de descanso.
*1, 2 e 3 (publicadas no Desnivel): 7c+, 7b+ e 6b respectivamente
*4 e 5 (vías novas que xa estaban abertas): 7b e 7a.
*6 (aberta por Julián e Axel): Julián agtelotú, 7a? (quedou sen encadear porque se nos fixo de noite)
*7 (aberta por Gumi e Xosé): Abdul el magioso, 6c+

1 comentario:

  1. En tres dís estoy en el Talambote, pero viendo las fotos me pongo malo, que ganas!!
    Espero abrir vía, si el tiempo acompaña.
    Un saludo y muchos metros.
    Pirata.

    ResponderEliminar