venres, 23 de decembro de 2011

Mallo Pisón: el Pajaro

Outra volta en Riglos, esta vez nunha das mellores vías que teño escalado no Pisón, El pajaro, grao asequible, rocha perfecta para ser Riglos, ben asegurada pero con algo de aventura, cun percorrido con características de clásica e cunha lenda tremenda asociada que causaba respecto antes do seu reequipamento, que creo que foi no 2006. Todas estas características constitúen unha rota que se pode calificar como do mellor que hai para trepar no Pisón, de cita obrigada a todos/as os que gostedes da escalada en Riglos.
A vía leva a sinatura inconfundible de Fernando Cobo, aberta desde embaixo e buscando as rotas con ambiente, con poucos seguros fixos e forzando logo en libre se era posible. Aberta en 1981 por Fernando Cobo e Blas Heredia, era difícil ver a unha cordada metida na vía ata que, se non lembro mal, en 1996 foi reequipada por membros do Grupo de Montaña da Guardia Civil (Chiro e compañeiros), facendo un estupendo traballo de reestauración, no que se mantén o espírito inicial da vía, con paraboles onde había buriles e renovando os cordinos das múltiples pontes de rocha, deste xeito voltamos ver cordadas repetindo a vía! Nos bosquexos recoméndase levar máis material pero creo que se pode facer sen nada, aínda que penso que é mellor levar uns aliens (o semaforo); se vos movedes mal nese grao mellor que escollades outra vía, dígoo porque hai algunha escursión entre seguros e porque algúns cordinos comezan a ter un especto algo mediocre, xa son uns seis anos na parede!! Os catro primeiros longos poden facerse en dous e, levando cintas ben longas, tamén se enlazan o quinto e sexto longos. Noraboa aos aperturistas (vaia rota impresionante), e aos reequipadores, por permitirnos gozar desta xoia rigleira. Podedes ver outra visión desta ascensión no blog de Pablo, como sempre, deixovos unhas fotos.

Comezando a vía, pegadiños á Cueva de la virgen
Martin e Pablo escalado o L1 e L2 que enlazamos, 6a+, en Riglos segundo comezas xa tes patio baixo os pés!!
O maquinilla chegando á R2, unha entosta onde se podía meter ben un micro, e viña ben!
Pablete acaricia os bolos do terceiro longo, 6b.
De novo Pablo no L3, bicicleteando coma un master! Por riba outra cordada que nos levaba 3 ou 4 longos de ventaxa.
Desde a R2 ouviamos a Erik e Iván chamando por papá, he he, fíxenlles unha foto con Silvia a tope de zoom
Outro papuchi novato!! chegando á cumio da grande entosta, V+.
No quinto longo comeza o xogo desplomado de verdade, agora a escalada é preciosa e atlética, 6b.
Enlazamos o quinto e sexto longos, 6b e 6b+, á dereita unha cordada na raia branca da Carnavalada e outra na Escoria Oriental
Martin e Pablo tamén enlazan L5 L6, he he, con travesía e todo!!
Os dous máquinas chegando á R6, 6b+
As reus colgadas non eran o máis cómodo, e menos para unha cordada de tres!
Comezando o sétimo longo, o máis continuo, 6c, boa foto que me fai Pablo cos boitres por riba!!
O último longo ten un pequeno paso a bloque que supón a guinda do pastel, 6a+/6b, chegamos á cima co tempo xusto para descender e facer o rápel volao coas últimas luces, asi que non houbo nin foto de cumio!!
O mellor bosquexo que podedes levar para facer esta vía, é magnífico, contacho todo!!






2 comentarios:

  1. Ola, son Carlos, do rocódromo de Lugo.
    Acabo de flipar co blog, e iso que so vin algunhas das entradas. Qué pasada! Qué cantidade de sitios visitaches e qué cantidade de vías fixeches!
    Felicidades polas fotos.
    Por certo, eu tamén teño colgado en internet fotos, pero non son de escaladas, senón de paisaxes, aínda que algunhas son de montaña. Se queres botarlles un ollo:
    http://www.panoramio.com/user/543030.
    Vémonos no roco. Chao

    ResponderEliminar
  2. Ola carlos, estiven mirando as túas fotos e tes moitas impresionantes, pero ti es un profesional disto!! hai arte en moitos deses retratos, non deixarei de miralos agora que coñezo o teu traballo... un saúdo e vemonos polo roco!!

    ResponderEliminar