sábado, 18 de xuño de 2011

San Llorenç de Montgai: Iris+Songoku-Krilin

Recupero agora unhas fotos de hai algún tempo, aquel día xunteime con Jesús en Lleida para facermos algo xuntos e, estando cun lugareño non hai como deixarse aconsellar, marchamos para este precioso lugar ao pé do río Segre. Despois de durmir na casa do Jesus, almorzamos con Raquel e os enanos, instalamos aos pícaros e saímos disparados para o noso destino.


Fixemos dúas vías que son modestas en lonxitude pero non por iso a menosprezar, a Iris ten varios longos nos que hai ir atento, para min os máis bonitos o primeiro e o segundo aínda que a vía en global é bastante boa; a Songoku-krilin é máis curta, parece máis repetida e pode facerse en dous longos, saltando a primeira reunión, conseguindo unha vía rápida e bonita. Viaxe express, cervexa calma e volta con tempo para estar ás cinco e recoller aos nenos despois de facer estas dúas vías que merecen moito a pena. Hai van unhas fotos.


Jesus no primeiro longo da Iris, 6a, probablemente o máis visual e do mellor da vía

Jesus de novo na Iris, agora apretando no L2, 6b, había uns pasos de pechar os dentes!


O L3 tiña unha primeira parte ben bonita pero logo había unha sección algo sucia, 6c+, aínda que eu vino máis de 6c!! será que estou superrrratón!! he he!!


O último longo era de case a tope de corda, creo que 6a, había que ir buscando entre outras vías pero era interesante e... mellor non despistarte!


Este é o muro da Songoku-Krilin, Jesus en acción despois de saltar a R1 e antes de loitar contra un teito apretón, 6b.


O teito que resolveu con mestría, 6b.


O último longo tamén ten outro teito que hai que resolver, 6b, mellor pola esquerda, he he!!


Foto de cumio, o lugar é verdadeiramente precioso, un pracer para compartir cos bos colegas. Sácame máis veces jesus!!


3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Ya sabía yo que Xosé algún día acabaría apareciendo por Internet. Viendo unas fotos del Gallinero hablaban de un tal Xosé que estaba hecho un máquina y con lo aburrido que estaba en el curro pues me puse a buscar. Jajajaj, soy Manuel de Santiago (Manuel Barrada, no Manolo boquete;-). Lo que mas me flipó es que decía el blog que eras papá...eso si que es increible.... Que fuerte...mi compañero de cordada de Vigo está haciendo ochomiles y saliendo en Desnivel y tú de máquina total haciendo vias brutales, 7b. Yo aparte de criar los 2 crios pues no hago hago mucho más:-), pero antes de los crios almenos me hice con mi mujer el descenso del Yukon en Alaska. 1000 km en canoa a remo y en tiendas (con un guía claro). Me prgunto que dirán por ahí de "tu escuela" cuando me fui de Santiago aún no salía en las guías. Seguro que tiene buena crítica. Bueno meu, me alegro de que todo te vaya bien y estés de machaca total. Me alegro de verdad. Una aperta.

    ResponderEliminar
  3. Joder manuel!! non sei como facerme co teu mail, se ves esta mensaxe mandame un correo anda, teño un teu pero non debe ser o que tes agora, veña que teño gaña de falar contigo!!

    ResponderEliminar