martes, 12 de agosto de 2025

TAGHIA: Champion du Maroc e Black Wolf

Sigo con algunhas vías deste outono en Taghia. Como vos dicía eramos unha banda de galegas e "achegados", de "novas" e novísimos, unha recua de experiencia e outra de ansia de coñecementos e, todas e todos, con moita bontade de escalar e de aventura. Taghia humanízase e seguro que isto lle muda a vida aos seus habitantes. Taghia segue sendo o Alto Atlas e segue estando a 1900 mts. Taghia será o que precise ser mais o futuro xa está aquí e, sen dubida, temos que confiar na pacacidade dos seus responsables para convinar ese necesario futuro cos valores que os fan ser un pobo rico e admirable. Esperanza sempre!!

Outras dúas vías que merecen a pena. Champoin du maroc está na oeste do Taoujdad, ata onde nos desprazamos uns cantos a facer varias vías, a ruta non ten desperdicio en ningún longo e, aínda que tivemos que escalar con algo de choiva, de feito fixemos o L1 dúas veces porque comezou a chover, mais esta rocha permite escalar ata estando algo mollada e seca en tempo record, nada que decir excepto que estas placas mececen ser escaladas. A Black Wolf é un pouco diferente, situada na NO do Oujdad, circula tamén por placas ben bonitas, aínda que algunhas veces vai forzando que te metas por algunhas que sairían máis naturais por fendas que precisarian algo de limpeza e buscando un grao que ás veces non parece natural senón que a vía te leva a esas situacións, aínda así paga a pena escalala e sitúase nun contorno magnífico xusto enriba da vila.

A escola de Taghia, onde os soños se constrúen
Miguel no L1 de Champions du maroc, 7a+, despois de que eu estivese na reu e baixara por choiva repetimos o primeiro longo e aínda así volveu a chovernos máis arriba.

Miguel e Luísa ao noso carón facendo Á boire ou je tue le chien. Por embaixo deles outra cordada en Au non de la réforme.

De novo Miguel no L2 da nosa vía, 7a.

Xogamos no L1 de Black Wolf, unha placa tumbada con algún sartenazo

Nesta foto coido que estamos no 6c+ do L2

E aqui penso que o 7a+ do L5

Miguel de novo penso que no último 6c+, L8.

Coa mellor compaña!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario