martes, 29 de setembro de 2020

Ordesa. Parede Cóncava: El retorno del jedi

Repetimos na Parede Concava ao día seguinte da Géminis, Pablo chegou para cearmos en Torla e, nesa mesa de bar en tempos de máscaras, arranxamos unha nova xeira neste paraíso dos que amamos escalar con algo de aventura e incertidume, fuxindo de masificacións e graos... como diría C. Ravier "lejos de los jilipollas". Unha parede enteira para nós... dous días e dúas roscas!!

El Retorno del Jedi... e toda a saga das galaxias do Edu e colegas percorren a Cóncava, esta rota parece de lonxe a máis amable da saga. Podemos atopar máis chapas do que é normal en Ordesa pero están xustificadas polo tipo de rocha moito máis compacta. O inicio é por unha canle fácil, os segundos fomos en zapatillas, e o L4 e L5 por recomendacións do persoal saltámolos, non sei se merecen a pena pero cunha trepada de terceiro e algo de ensamble plántaste na R5. Desde aquí a vía é boa, con algunha sorpresa, e ten un longo final caralludo. Bosquexo en edupicapiedres.

Pablo comezando a rota, un cordino sinala o inicio.

Empezando a trepar baixo os teitos, é o L6, 6a+.

Comezando o L7.

Guapísimo, mais puñase interesante nesta parte, 6c+

Pablo segue agarrado á corda no L8, 6c.

E fainos fotos a Martin e a min desde a reu.

A trave do L9, 6b

O L10 ten algo de sorpresa, aquí mudamos na cabeza e saqueille a corda ao Pablo.

O último longo é brutal, 6c+ ben bonito.

Precioso Ordesa camiñando polas pradeiras cara a Fajeta que nos leva á senda do Tozal

Como me gusta trepar con colegas así!!!! yeahhhhh

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario