martes, 8 de agosto de 2017

Peña Santa: El reino de León

Saudade de regresar a Vegahuerta despois duns cantos anos... desta vez co Richar. Mantiña na menoria a autenticidade da Peña Santa mais a conciencia xa esquecera que este segue sendo o lado salvaxe dos Picos, en certa medida isolada e dalgún xeito insondable, de dimensións descoñecidas, un universo caótico de formas calcarias e de escaladas que sempre manteñen certo compromiso. A última vez que estiven o chozo seguía no chan (xa case nin se intuía), agora dá para acollerse se veñen mal dadas, porén segue habendo unha boa aproximación e coa casa a costas... para uns días pódeste facer autosuficiente mais difícil pasar longos períodos sen baixar, velaquí unha das diferenzas cos ambientes máis amables! Vias longas e con carácter, descenso complexo e comodidades mediocres e sen asistencia na veiga, o conxunto que procura iso que chamamos alpinismo!
El reino de León e unha vía boísima, que non dá tregua en ningún longo e ten algúns antolóxicos, aberta con estilo e compromiso, percorre un pano de rocha bestial e probablemente dos de maior lonxitude continua da parede, unha xoia!! Talvez algo máis dura do que pon sobre o papel, non a infravaloredes, claramente máis ED ca ED-, e probablemente algo mais obrigada do que indica o bosquexo. Podedes ver un relato hipervitaminado e mineralizado do Richar en trepadas, felicitalo polo bosquexo alucinante que se currou alén dunha descrición por longos, un traballo enorme!!!
Ao dia seguinte formos facer Reencuentro otoñal, por iso de escalar algo rápido para baixar pola tarde ao coche, no L3 demos unhas cantas voltas por non sabermos interpretar o bosquexo que levabamos... o do libro de Adrados. Hai dous sistemas de canalizos, e tentamos os dous, mais ningún se correspondia co grao nin co bosquexo, no que levabamos parecía claramente o da dereita pero... finalmente escapamos como puidemos porque había que baixar ao coche e non era plan andar xogándote un ostión por non saber onde te metes. Despois de ver a guía de Atate coido que está claro que era o sistema da esquerda (pegado á chorreira negra supercaracterística que Adrados nin nomea), había que velo! en fin... noutra vída que xa estamos vellos para tanto cachondeo!! Reportaxe fotográfica completa:
A cara sur da pena: o murallón!
Richar aparecendo entre as néboas en plena forcada do Burro
Mesmiño ao comezo do sistema de diedros que nos transpostaría na vertical!! este é o inicio da variante que fixeron no 99, parece que a máis recomendable.
Richar no L1, V, aqui xa vas vendo de que van os tiros!!
O L2 xa vai polo mesmo diedro, 6a.
Comezando o L3, 6b bastante estético.
No L4, bonita fenda de V+.
Comezando o L5, 6a, nese punto hai unha repisa onde se xunta coa variante orixinal do 98.
Outra foto do Richar nese longo, na placa que hai despois da repisa.
Este é o L6, V+.
No comezo do L7, V+, despois desta plaquiña entramos nunha especie de canle que nos leva ao pé do muro de canalizos.
Impresionante este muro, 6b, e aínda que lle meteron un spit máis segue tendo carácter, é o L8.
Richar no L9, un 6a+ que a min pareceume 6c?, he he!!
Na curiosa placa do L10 pola que te achegas ao Camello, 6a, ao chegar á fenda metes a pracer!!
Richar posando para acceder ao cumio da Piramide, é o L11, V+.
O muro do L12 pareceume moi duro, 7a (6b/A1) aceirando vaise facendo pero hai que escalar entre chapas, prosiblemente obrigue algo máis de 6b??
Richar na parte final dese L12, aínda que a dificultade baixa segue sendo duro, a travesía ascendente era finisima!!
O L14, iniciando o último longo da nosa rota antes de enlazar coa saída de Rescate emocional, V+. Co patrocinio do mellor resolador do universo coñecido: R-GRIP, he he!!
Ao día seguinte... comezando o muro de canalizos de Reencuentro otoñal (MD-), o da foto é o sistema de canalizos da dereita (por onde parece que indica o bosquexo de Adrados), cando estou na metade do muro, sen ver moi ben por onde seguir, Richar indícame que máis a esquerda vese unha ponte de rocha, baixo como poido, que non está nada fácil, e escalo o sistema de canalizos da esquerda (o que está pegado a unha chorreira negra) máis fácil que o anterior pero aínda así non menos de V+, cando estou por riba non o vexo claro e o grao non se corresponde en nada... non sei se estou na vía, non é fácil protexer sen seguros grandes e o tempo bótase enriba para baixarnos ao coche... decido baixarme un pouco mosqueado coa falta de concreción do bosquexo nun lugar tan fácil de describir, en fin... é o monte que sempre nos humilla!!
Descendendo, co rabo entre as pernas, polos preciosos bosques da vega de Llos.

Coido que con este bosquexo teremos suficiente info para facela. Tamén tedes o excelente topo que se currou o Richar sobre foto!



3 comentarios:

  1. Qué recuerdos Xosé! Qué apretadas pegué! Mira que han pasado años y todavía recuerdo esos canalizas del largo 7 u 8, con los spits a cinco metros de los pies... Enhorabuena, par mí, una de las mejores vías de los Picos!

    ResponderEliminar
  2. Fantástica Peña Santa! Las fotos muy chulas, de las que invitan a ir... Enhorabuena por la vía.

    ResponderEliminar
  3. Siiii, la vía es soberbia!! enorme el trabajo de los aperturistas! Si no conoces esta tapia ponla en la libreta Óscar pq esto es de lo mejorcito de la peninsula sin ninguna duda, he he.

    ResponderEliminar