xoves, 12 de maio de 2016

Deportiva andaluza: Recuchillos e algo máis

Tempo de gozar na compaña dos colegas. Acordei a escapada primaveral con Martin coa idea de facermos algo de deportiva polo sur, a idea inicial era o Chorro e arredores, mais o tempo non pintaba nada ben nesta primavera inestable na que non sabes onde che vai caer a treboada,  botamos uns bailes entre o "Tajo de la madera", en Villanueva del Rosario (Málaga), e Recuchillos (Jaén), aínda que un día de choiva intensa fomos facer unhas trepadiñas no "Salto de la cabra", no camiño de Otiñar. Porén, finalmente, o clima e os estupendos muros desta escola pegada a Jaén fóronos engaiolando e rematamos ficando uns días batendo contra a marabillosa muralla de Recuchillos (ou Reguchillos, vaia vostede saber!!). Con moita calma e sen tensións que estabamos de vacacións, e coa mellor compaña Martin, Visen e Josele, un luxo!!
Múltiples sectores ao longo dun muro que se extende ata a parte alta da serra, con vias de todas as características e de todos os graos, escola para tod@s as inquedanzas e vontades, con vías realmente preciosas onde domina a placa desplomada e a chorrera, un luxo de escola. Atención ao camiño de subida e á afluencia de vehiculos, principalmente cando os lugareños están faenando, con moito respecto e mellor subir a pé! Deixovos cunha pequena montaxe de fotos da escola.

Ningún comentario:

Publicar un comentario