sábado, 6 de abril de 2013

Les Bagasses, sector Amanita: Los delincuentes

Rematou o xeo... demasiada neve e en marzo... mas a rei morto rei posto! había que voltar á rocha que desde decembro non tocara unha. Aínda non comezara a pascua e marchei con Toño para Montrebei e, de camiño á Paret de Catalunya, fixemos unha tarde en Bagasses, nun sector que nin el nin eu tiñamos catado: sector Amanita
A rota chámase Los delincuentes e está equipada con párabolts, algo que agradecín antes de meterme en Montrebei despois de case tres meses sen trepar rocha, he he. Trátase dunha vía pracer, pouco obrigada e moi gozosa, cun grao bastante humano e que camiña por placas bastante bonitas. O acceso e o descenso son outra historia: o acceso é algo pesado pero aceptable, cruzas a ponte de pedra como se foses a Bagasses e, na via do tren, sobes ata a cima do tunel pola súa parte esquerda e, a partires de aquí, segues o pequeno sendeiro que te vai levando; o descenso comeza con 4 rapeles tumbados que se fan bastante guarros porque a corda se che engancha en todo, para dicilo claramente son unha merda... logo tamén debes seguir outro sendeiro que te vai levando para embaixo. En conxunto merece a pena... e hai outras vías que parecen moi boas nesta parede. O bosquexo e a foto da parede por cortesía de Luichy no seu blog.
Toño na placa do L1, 6b

No segundo longo, un bonito 6b+
De novo Toño, esta vez atacando o L4 de 6c+

Como lle gusta chupar cámara! he he, o L6, e último, era dos máis bonitos, 6c+

2 comentarios:

  1. CON ESTAS MIER....DE FOTOS NO ME SALDRA NOVIA HE HE....
    TOÑO

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pero si te pasas la vida chupando cámara perro!!! y nunca pongo en las que se te ve la cara descoyuntada por el miedo, ha ha!!

      Eliminar