mércores, 19 de setembro de 2012

Fire: El abuelo Roger

Outra xoia de Fernando Cobo, sen dúbida será unha clásica do Fire ao estilo da Directa as cimas, notablemente máis dura, aínda que de momento ten longos que dan pouca seguridade pola rocha mediocre que define ao Fire, seguro que mellorará co paso das cordadas. Realmente levei unha sorpresa con El abuelo Roger, contáranme que estaba ultrachapada, que lle sobraban párabolts... e honestamente penso que non é así; concordo en que hai algunhas partes onde talvez poida sobrar algún párabolt, máis que sobrar habería que mudalo de sitio, pero... abrindo desde abaixo, en territorio roto e con panzas duras como as que supera esta vía, paréceme bastante ben asegurada e con zonas onde terás que escalar e, nalgún caso, botarlle morro.
Toño e eu pasamolo xenial facendo a vía, a min pareceume moi boa, aínda que de rocha dubidosa que me deu un susto no segundo longo... de saltarme a pataca polas orellas ao írseme un canto! he he. Para min os longos chave son o primeiro, o segundo e a chegada a reunión do terceiro longo; no primeiro terás que navegar antes á esquerda e logo á dereita, e buscar os seguros que son spits e pontes de rocha; o segundo longo está ben chapado con párabolts pero hai que escalar entre eles e a rocha é moi enganosa, ademais de ser continuo podes largarte con algún canto; o terceriro longo está hiperchapado (aquí si que pode sobrar algún) pero a entrada nun diedriño antes da reu é moi delidada e algo expo. Os mellores longos para min son o 4º, 5º e 7º. En fin... excelente vía riglera, podedes ver un bo bosquexo en barrabes, ademais dunha piada sobre apertura. Aí van unha fotos!
 
Toño comezando o primeiro longo, 6b, a rota comeza onde vexas varias pontes de rocha e algún spit.
O comezo do L2, 6c, a navegar!
Toño nese mesmo L2, cando se limpe máis a vía será un longo moi bo.
Toño comeza o L3, 6c+, algo de expo na chegada á reu!
O L4 é moi curtiño pero ten unha panza para tomar con decisión, 6b+
O meu compi nese mesmo longo pillando unha barra de pan!
O quinto longo, 7a, a rocha mellora e faino un dos longos máis atractivos
Unha xoia no camiño! uff.
O sexto longo, 7b, ten unhas panzas realmente duras por riba! hai que aguantalo!
Toño nese mesmo L6, o Fire tamén está pino!!
O inicio do sétimo longo, 6b+, para min outro dos mellores!
Despois dun último longo de 6a+ ollade quen nos esperaba no cumio da Punta No Importa... os voitres tomando o sol tranquilamente e mirándonos como dicindo... "estes tipos que farán aquí!!!"

2 comentarios:

  1. Ese piton no parece que sea de la vía del Abuelo Roger? Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. No sabía que pensar pero está en la misma linea de los paraboles, en fin... lo curioso es el peazo hierro y como puede trabajar!!!

      Eliminar