mércores, 15 de agosto de 2012

Ordesa. Libro abierto: Somontano

Ordesa, lugar alucinante con escaladas brutais! Sempre hai que regresar e, de cando en vez, descubrir o goce das trepadas auténticas nun lugar de conto de fadas, onde todo colga no baldeiro coma un quebracabezas no que se falta unha peza todo se vén embaixo. Toño e eu tiñamos pensado na Somontano para eses días e Manolo, que andaba por Riglos, non tardou en apuntarse, a viaxe fíxose máis cómoda do habitual pola apertura da estrada de Sabiñanigo a Fiscal, agora ir a Ordesa pesa menos ao non ter que pasar o Cotefablo,  horribilis porto onde os haxa! e que a partires de agora faremos moito menos, he he.

A Somontano é unha rota bonita, atlética e cunha rocha fantástica, despois dos dous primeiros longos, menos definidos, a rota non ten desperdicio, alén diso comparte eses dous longos impresionantes do teito da Sol negro que lle dan aínda máis carácter á vía e, excepto nalgún longo, non soe ser demasiado obrigada (6b), claro que teremos que facer uso intensivo de toda a ferrallada que levemos enriba. Trátase dunha obra maestra de Gabi e de Alberto Gil, creo que aberta no 2000 e, aínda que se diga que é das máis equipadas do Libro Abierto, personalmente penso que non lle sobra nada de material, ten moi poucos spits de 8mm nos longos, onde sería imposible protexer sen expansivos, e agradécese que as reunións estean todas con 2 spits de 10mm, excepto a de embaixo do teito da Sol negro que quedou como estaba. En fin... unha rota soberbia e moi recomendable, levamos varios bosquexos e, aínda que a vía soe seguirse ben, o mellor é o do libro de C. Ravier e R. Thivel, Escaladas en Ordesa; imos ver unhas fotos.

Parte dereita do Libro Abierto, no medio, en liña co gran teito, vai a Somontano
Manolo comeza a aventura, unimos o L1 e L2 sen problemas, 6a e 6a+, un cravo sinala o comezo da vía e á súa dereita poderedes ver unha frecha marcada na rocha. Os armarios empotrados vixíannos desde enriba!!
O terceiro longo comeza a meternos en terreo máis interesante, Manolo de novo navegando rocha, 6b
Boa foto que nos fai Manolo a Toño e a min nese L3
Comezando o L4, 7a+, vou meter un empotra e case me can todos, finalmente só perdin un, por embaixo Manolo e Toño tamén apañaron algún!
Panorámica dos dous máquinas nesa R3.
De novo Manolo e Toño nese L4, hai que navegar!
O quinto longo é fantástico, 6c+
Atacando o teito común coa Sol negro, son dous longos de 20 mts alucinantes, nós unímolos pero hai que xestionar moi ben o roce das cordas, 6b de travesía impresionante, no que as pelotas se che encollen, e 7b de teito no que me agarrei a todo.
Unha visión da reu antes de saír do teito!
Por baixo do teito Manolo fíxolle esta boa foto a Toño pillando "cazo"
Saíndo do teito, non hai tregua, unha fendiña fina farache "espelirte" para chegar á reunión.
Toño sacounos a corda e aló vai comezando o L8, tamén era bo e había que apretar, 7a.
Toño segue agarrado á corda! os longos 10 e 11 saen por un diedro de 6a e 6a+ e poden unirse perfectamente con corda de 60mts
Os meus dous compis baixando por Cotatuero, con lavadiña na fervenza antes de pillar as cravixas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario