domingo, 7 de setembro de 2025

Val de Ansó. Tozal de Espelunga: URDABURU

A finais de xullo quedei con Manu en Ansó coa idea de facer un par de vías. Época de calor na que felizmente en Zuriza case non había xente, o camping segue pechado e non se pode durmir en autocaravana pola zona, parece que é o método para poder gozar do monte en verán sen ordas de humanos subindo por ferratas ou facendo cola en tirolinas. Como hai bastantes anos tiven que baixarme da cuarta reunión da vía Karmele no Espolon del Italiano, daquela por choiva, fomos repetilo porque me quedaban por facer os mellores longos. Pois parece que me botaron un mal de ollo... outra vez tiven que rapelar da mesma reunión, a R4, esta vez por vento, máis de 60 km/h que na parte superior se convertian en dificil de dixerir. Erro noso que nin miramos o tempo, como en Ansó estabamos asados de calor!!!  

Ao día seguinte aínda daban bastante aire e fomos dar unha pateada para coñecer outras zonas, pouco máis de catro gatos na contorna, nin nas pozas ao pé da estrada había ninguén, sempre gozando. O noso destino era a Urdaburu no Tozal de Espelunga, tíñaa pendente doutras escapadas porque os "mentireiros" dician que era boa, pero nunca se me aliaran os astros para facela. Entramos por Los duendes del valle e en total queda unha vía que realmente merece a pena. Boa rocha e con partes adherentes, pensando que estamos nesa caliza como algo lavada de Ansó, muro espectacular e escalada diversa por placas, fendas, diedros e teitos... salientar a beleza dos longos 5 a 8, aínda que este último é duro en libre. Unha uña ampla, e unha estribeira, para ir cómodo no L5 (ou facer un bloque obrigado en travesía, pareceume duro), o L8 é duro en libre pero bastante equipado, o L6 e L7 son moi bonitos de escalar, hai que apretar neste último pero protéxese a pracer. Como xa baixara 2 veces pola barranca horribilis que hai á esquerda do Espolón del Italiano decidimos rapelar, e non foi mala opción, aínda que ten os seus riscos. Bo bosquexo do Luichy por internet.

Manu saíndo do L2, 6b+.


No L3 hai que buscar o camiño de chapas entre o mar de caliza e a vexetación, 6a.

Coido que chegando á Reu do L4, 6a.

No L5, estaba mirando como facer o paso pero ao final quitei a uña, 6b/A1

Manu visto desde enriba antes de entrar no teito, L5.

O meu compi comezando o bonito L6, 6b.

O final do L6 desde enriba.

Bonita trave e precioso longo este L7, colgueime por nogallán pero apretando sae... 7a+.

Manu iniciando o L8, este si que é fino e duro, pero tamén moi bonito, 6a/A1 (7b)

Manu chegando á R9 (non enlazamos L8 e L9 aínda que se pode), 6b

O noso L10, hai que escalar... 6a+, e aínda queda outro no que tamén hai que aplicarse...








venres, 15 de agosto de 2025

TAGHIA: L´Axe du mal

Sigo contando a última viaxe a Taghia, neste caso visitando a parede de Tadrarate. O lugar non te deixará indiferente e merece unha visita por si mesmo, a ferrata bereber ao pé do Oujdad faise xa clásica, a situación privilexiada do refuxio de Ahmed (onde sempre hai un té, sen premura occidental, para os visitantes), a barranca que nos introduce no leito do Akka n´Taghia, polo que camiñaremos cando non haxa choivas que o convirtan nunha barranca imposible, ata atopar o privilexio de ollar a parede oeste do Tadrarate que se vai abrindo entre paredes ata levantarse maxestuosa.

Esta parede pareceume a gran placa perfecta. Á súa dereita as fendas de Le Rouge Berbére, que eran o obxectivo de Adri e Miguel, adiantáronse a nós e durmiron na cova. Cando chegamos á parede, coas últimas sombras da noite, os seus frontais percorrían o que parecía ser o terceiro longo. Felicitalos polo rutón, moito que traballar para saír por enriba. A nosa placa perfecta era L´Axe du mal, máis deportivo, máis rápido, menos duro e, porén, nacido para ser escalado. A beleza é o que define esta vía que tamén che fará apretar, moi ben equipada para ter que obrigarte entre chapas e con vós limpos pero con aire, unha auténtica xoia na que tod@s collimos iberia en algún momento, obrigándote en 6c+/7a coas chapas a metros de ti. Se vas ben nese grao gozarás dunha vía excepcional. Atención á temperatura, o sol pode darnos moita caña nos longos superiores, non foi o noso caso.
 
Luisa e josito iban por diante nosa. Na foto Miguel no L1, 6b+, o único longo tumbado mais que hai que facer.

Os nosos compis en Le Rouge Berbére, superando ese impresionante teito onde o tamaño das fendas os sacaban da zona de comodidade.

Josito e Luísa seguen tirando por riba nosa, agora no L3, 7a.

Aquí no L4, 6c+

Miguel gozando no L6, 7a+

De novo por enriba de nós, Luísa saíndo do teito vermello do L8, 7b.

Miguel encara as últimas dificuldades do L9, un 7b+/c que obrigaba bastante.

Por enriba nosa Josito tamén pillaba un vó de iberia apretando nese L11, moi duro en libre, 7c+.

Miguel no diedro antes da travesía, é o L10, 6b+/c. Ao fondo as fendas de Le Rouge Berbére

Miguel tamén pillou o seu no L11, 7c+. Pillamos todos, he he.

Foto a unha cordada suíza que viña algo xusta por detrás nosa, están na placa de 7b+/c, o segundo deles estaba algo superado e tivemos que botarlles unha corda varias veces.

Os longos 12 e 13 son dous 7a que non son nada fáciles. Miguel tivo unha caída entrando na R12 nada bonita e mancouse algo nun xeonllo, felizmente non pasou nada. Despois disto un último 6b+ deposítanos na cima coas últimas luces e unha néboa que nos dificultou a baixada.


martes, 12 de agosto de 2025

TAGHIA: Champion du Maroc e Black Wolf

Sigo con algunhas vías deste outono en Taghia. Como vos dicía eramos unha banda de galegas e "achegados", de "novas" e novísimos, unha recua de experiencia e outra de ansia de coñecementos e, todas e todos, con moita bontade de escalar e de aventura. Taghia humanízase e seguro que isto lle muda a vida aos seus habitantes. Taghia segue sendo o Alto Atlas e segue estando a 1900 mts. Taghia será o que precise ser mais o futuro xa está aquí e, sen dubida, temos que confiar na pacacidade dos seus responsables para convinar ese necesario futuro cos valores que os fan ser un pobo rico e admirable. Esperanza sempre!!

Outras dúas vías que merecen a pena. Champoin du maroc está na oeste do Taoujdad, ata onde nos desprazamos uns cantos a facer varias vías, a ruta non ten desperdicio en ningún longo e, aínda que tivemos que escalar con algo de choiva (de feito fixemos o L1 dúas veces porque comezou a chover), esta rocha permite escalar ata estando algo mollada e seca en tempo record, nada que decir excepto que estas placas mececen ser escaladas. A Black Wolf é un pouco diferente, situada na NO do Oujdad, circula tamén por placas ben bonitas, porén algunhas veces vai forzando que te metas por algunhas que sairían máis naturais por fendas que precisarian algo de limpeza e buscando un grao que ás veces non parece natural senón que a vía te leva a esas situacións, aínda así paga a pena escalala e sitúase nun contorno magnífico xusto enriba da vila.

A escola de Taghia, onde os soños se constrúen
Miguel no L1 de Champions du maroc, 7a+, despois de que eu estivese na reu e baixara por choiva repetimos o primeiro longo e aínda así volveu a chovernos máis arriba.

Miguel e Luísa ao noso carón facendo Á boire ou je tue le chien. Por embaixo deles outra cordada en Au non de la réforme.

De novo Miguel no L2 da nosa vía, 7a.

Xogamos no L1 de Black Wolf, unha placa tumbada con algún sartenazo

Nesta foto coido que estamos no 6c+ do L2

E aqui penso que o 7a+ do L5

Miguel de novo penso que no último 6c+, L8.

Coa mellor compaña!!




venres, 18 de xullo de 2025

TAGHIA: Entre2aguas e Zebda

Recupero este outono en Taghia, no que me pararei a facer algunhas entradas de diferentes vías. Escapada co Equipo de Nov@s Alpinistas Galeg@s (ENAG) para rematar os dous anos de tecnificación, onde alén de antigos membros dos Equipos fomos outros colegas, tamén veu Miguel (do que non me despeguei estes días), finalmente coido que eramos dezasete aventureiros e aventureiras con vontade de trepar e de pegarnos risas. Volver a Taghia case 10 anos despois achegoume á raiz, escalada relaxada pola fácil estratexia e a cómoda estancia pero certa aventura nas vías e no terreo, onde hai que prever choivas e descensos, un lugar máxico con vías creadas nos soños de rocha máis eróticos. Agora chegan vehículos a Taghia, moito mellor para os habitantes, aínda que xa comezan a chegar camiñantes e a multiplicarse as gites, chegará a "hojarasca" da que falaba García Márquez, espero que lle vaia ben aos da aldea e que a masa non chegue para rebentalo todo, ao modo consumo valores porque podo pagalos, ou monten un resort neonazista ao modo do geto de Gaza, porque podo pagalo ou teño "armas" para impoñelo!

Comezamos a nosa andaina con estas dúas vías ben bonitas, eran dias de ameaza de auga así que fomos escollendo algunhas das que era fácil baixarnos. Entre2aguas estaba pendente desde que a abriron algúns amigos do EJAM en 2018, unha vía interesantísima e con algún longo precioso, situada no contraforte do Tagoujimt n´Tsouiannt (á dereita da parede de Babel). Parte dunha cova evidente e o nome fai referencia a que sobe un piarciño que polos lados parece ter caída de auga cando chove, porén a vía parere segura. Bosquexo e historia completa da vía no blog de Pablo. A Zebda é unha clásica entre as clásicas da parede das Sources, cerca da aldea con posible retirada cómoda. A vía pareceume boísima, pouco máis que decir! 

Toda a banda antes de "embarcar" o día de chegada 

Miguel comezando Entre2aguas, xusto saíndo da cova onde comeza. L1, 6b+

Miguel  no L3, 6a

O L4 era precioso, só este longo xustifica a visita, 7a

Xogamos na Zebda, con cordadas variadas nas Sources porque ameazaba auga, aínda que despois respectounos, O L1 é moi bo pero ten un bloque ao final inhumano, 7b+. A cordada que está por riba fixo unha reunión intermedia que non é recomendable, a persoa colgada do lado dereito esta na chorreira onde o paso a bloque.

Miguel no L4, fantástico, 7b.

O L5 é outra xoia, de novo Miguel en acción, 7a

Co meu compi na base da vía, sempre gozando!

venres, 11 de xullo de 2025

Cueto Agero: La Vara

De novo neste espazo de montaña feito desde a casa, recordando que, cada vez máis, a liberdade é unha ilusión que saboreamos unicamente cando estamos preparados e na natureza, alén de sumarlle a compañía con quen a compartes. Outra vez polo desfiladero da Hermida antes de que entrase o verán salvaxe e as hordas de xente emocionada co período de vacacións e as fotos de móbil. Estivemos ben a gusto, aínda había treboadas que tiñan as paredes bastante molladas pero salvamos a semana cos estupendos muros de deportiva. Lugar máxico, con Miguel, sempre alegría e positividade.

Un dos mellores días Miguel tiña que ausentarse. Asocieime con Mario que andaba por alí facendo o TD2 de escalada e marchamos a facer esta vía do Agero, situada á esquerda de Salida Nocturna (creo que hai outra descoñecida entre as dúas). La Vara é unha vía cómoda de acceso e de descenso que busca as zonas máis limpas desta parte da parede. A vía é pouco obrigada pero hai que moverse adecuadamente, algún longo nos fará apretar un pouco e gozar dunha escalada de fendas interesante, salientar a escalada do L5 pero tamén do L6. Bosquexo excelente con toda a info de Fernando Zamora. Se queredes ir cómodos podedes repetir algún micro ou totem do 0,3 para o L5
 
Com Miguel, deportivizándonos
 
Mario no L1 de La Vara

De novo o meu compi, comezando o L4

Mario saíndo do bloque que inicia este precioso L5




 

sábado, 11 de xaneiro de 2025

Taillón: Goulotte Quintana

Outra vez argallando nestas lides de contar pequenas cousas. Esperando que algunhas sirvan para pasar o rato ou simplemente de arquivo das lembranzas de actividades que, por algunha cuestión, supuxeron un bo sabor de boca peroal, ou un encontro con persoas necesarias. A beleza e a fraternidade non son cuantificables pero seguen sendo a base onde se sustentan as cousas tanxibles, na Revolución Francesa sabian iso perfectamente cando nos deixaron para a posteridade o lema Liberté, Égalité et Fraternité, vai ser que as cousas inutiles son a base do significativo, o importante será pois o que sentimos se nos permite achar os feitos que nos definen. Velaí o porqué de seguir compartindo sentimentos.

Outra vez no Taillón, sempre con codicións aceptables desde que lle botamos a primeira ollada ao inverno. Esta vez pola Goulotte Quintana, un corredor moi interesante para iniciarse nestas lides, ao que se accede pola zona de baixada ao glaciar de los Gabietous, algo de xeo ata 70º, algo de mixto fácil, algunas reunións montadas, que cómpre valorar nalgúns casos, e algunas que montar ou reforzar... gozando dun corredor en todo o seu explendor, sen extridencias nin florituras, unha ascensión bonita e con aspecto de alta montaña, unha pracer de vía. Con Sabela e por detrás Manu e Victor, todos no cumio con algo de friaxe de nadal no corpo e vento que cortaba por onde pasaba. Bo bosquexo en Maniobras de Escapismo

Sabela ascendendo o corredorciño polo que se accede ao rapel de descenso, necesario para acceder á Goulotte Quintaña. Por enriba deste lugar, na vira de descenso, sede precavidos se hai posibles pracas de vento, podedes irvos abaixo cunha destas pracas.

De novo sabela nos inicios do corredor

Algo de xeo, algunas campas duras e algo de mixto, a protección nas rochas a base de friends

A miña compi noutra parte do corredor dandolle a estas linguas de xeo.

A montaña estaba chea destas formacións, similares ao que en serra Nevada chaman "lluvia angelante"

Sabela saíndo ao cumio, pensabamos entrar en calor ao sol pero ía un vento frío que cortaba.

Os catro no cumio, Victor fixose fan de Iron Maiden, he he. Un pracer compis!