Despois da tempada de xeo hai que volver a acostumarse ás apretadas da rocha, cómpre trepar algúns días para volver a ter sensacións decentes, para iso nada mellor que a escalada deportiva. A semana pasada liguei uns días por Vadiello e Rodellar con Pedro e Martin e fixemos algunhas fotos... a deportiva mola!! mola moito!!

Ultimamente estoume obrigando a levar a cámara de fotos tamén ás zonas de deportiva, ao final é moi gratificante poder ver as fotos e gozar dos momentos que pasaches nesas vías e os/as colegas, merece a pena e... case non teño fotos de escalada deportiva, prometo emendarme a partir de agora e colgar algunhas de cando en vez.

Finalmente rescatei as poucas fotos que tiña de diferentes zonas de Huesca: Rodellar, Vadiello, Alquezar, Gratal e Benabarre; por suposto hai máis sectores e zonas pero o que non hai son fotos, co tempo teremos próximas entregas, he he... espero que gozedes e que vos entre a febre de...
apretar a morte!!
Pedro quentando en Wasqa, 6b, La Caverna (Vadiello)

Agora é Martin en
Bolskan, 6b, tamén en La Caverna

Pedrito de novo, agora apretando en
El Cavernícola, 8a+, La Caverna, no seu grao do mellor de Vadiello

Outra vista de Pedro en
El Cavernicola, ao sair da cova hai un repouso facendo o morcego

A parte final de
El Cavernicola, mellora o desplomaco pero empeoran os cantos! a bloque!

Andaba Chris Sharma por alí e fixémoslle unha foto, vaia animal!! he he he!!

Outro pegue, en
Ana de la aduana, 7c, La Caverna (Vadiello)

De novo en
Ana de la aduana, despois dun paso a bloque hai que aguantala. As cintas da esquerda son as de
Supernowa, 9a, nin olles para os cantos que caes do susto!

Martin en
Mónica, 7b, sector Café Solo (Rodellar)

Outra visión de
Mónica, no Café Solo é do pouco que hai para para re-quentar, e cada vez está máis lavada!

Boa foto que me fai o Pedrito en
El clan de los M´Klau, 7b+, La Gran Bóveda (Rodellar)

Na mesma vía, agora é o Pedro o que apreta nese paso a bloque.

Curiosa cascada entre os sectores Egocentrismo e Boulder de Jon, o máis impresionante é que con cascada e chovendo no Egocentrismo segue podéndose trepar todo o inverno

Sebas tira fóra a camiseta no repouso de
Spasiva+IVA, 7c+, e vai a vista!! El Meandro (Rodellar)

Sebas na mesma vía, un pouco máis arriba un dinámico cabrón e... a voar!

David na
Billy el rápido, 7a, agarrado dese cantazo este animal acababa de facer unha bandeira, e non o dei pillado! sector El Camino (Rodellar)

Agora en
El pisacíclico, 7b, a entrada ten un paso a bloque e lavado de pés que me desespera!
El Camino (Rodellar)

Boa foto de Martín en
¿? [sen nome coñecido], 6c, El Delfín (Rodellar).

De novo Martin, agora en
Cañita brava, 7b+, El Delfín (Rodellar)

María quentando en
La niña psikoneurótica, 6a+, boa visión da zona de deportiva de Benabarre

Creo que esta é
Los rokipankis, 6c, curiosa rocha a de Benabarre!

Maria de novo, agora en
Stop kazikes, 6b+, Benabarre

David saindo do paso chave en
Jigoku, 7a+, Benabarre.

Comezando
Resistencia indígena, 7b+, xunto cunha variante de entrada inmunda (8?) o máis duro de Benabarre

Martin escalando no Fronton de Gratal, a vía chámase
Seisbe de monte, 7a, este sitio e fresco en verán e ao sol do inverno tamén se está de medo

Martin de novo, agora en
Septimograditis, 7b+, no seu grao unha das mellores de Gratal sen dúbida

Estamos en Alquezar, paraiso soleado de inverno e preciosas vías, Javi cabalgando nun 7a+ de La Colegiata, aquí da maioría de vías descoñezo o nome pero iso non as fai menos interesantes!

Placa apretona neste 7b+ precioso de La Colegiata, os cantiños xustos para pasar ao estilo de Alquezar

Boa foto na mesma vía mentres outra cordada escala
Alquezar.com, 6c, (á esquerda) a que se soe usar para quentar! claro que se segues ata a segunda cadea vas a bloque por un 7b+.
Ningún comentario:
Publicar un comentario