Remata o verán pero a calor aínda se deixa sentir cando nos escapamos a Benasque, ao comezo do val de Estós hai un aparcadoiro fantástico para pasar a noite, unha cea en compañía de Sergio, María e David... e á piltra. A aproximación faise saíndo desde o aparcadoiro en direción ao refuxio de Estós, logo desviámonos cara o ibón de Batisielles, desde o que podemos ver a agulla perfectamente; que non vos mintan, hai como 3h. longas a pé de vía, e de 2h. a 2:30h. de baixada. Boa camiñada para contemplar as Tucas de Ixeia, o Perdiguero ou o Portillón de Oô.
No croquis de Desnivel o descenso indícase baixando á brecha Sur e pola canle Oeste (dereita no senso da marcha) con algún rapel eventual, e pode facerse así pero é unha matada. O mellor é seguir os tres rapeles montados que hai desde a cima, os dous primeiros déixannos perto da brecha sur e o terceiro a media altura da canle Este, a contraria ás indicacións de J. Larrañaga no Desnivel (esquerda no senso da marcha), baixamos a canle, contornamos a agulla por un rochedro e en 10-15 min. estamos no ibón superior de Batisielles, que está ao pé da agulla e é de onde partimos, máis rápido e menos exposto á caída de pedras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario