martes, 19 de novembro de 2013

Pared de Aragón. Pilastra: Puñalada trapera

Preciosa vía da Pilastra na que gocei novamente da compaña do Jesus, xa sabía que era un todoterreo da montaña pero ultimamente tamén anda fino sobre rocha! A idea era xuntarnos con Pablo e irmos os tres pero ao noso colega de Madrid mirouno un chosco: subiu con Alberto a Riglos un día antes e fixeron unha combinación Zulú-Mosquitos, pensaba quedar dous días para escalar en Montrebei e coñecer Cienfuéns... pois nada de nada! Saíu de Riglos cun trancazo dos que fan época e pola noite tivo que volver para Madrid a encamar, o dito: alguén lle botou un mal de ollo! Alén diso a ruta pareceunos moi boa, outra vez será Pabliño!
Madrugamos abondo porque eu  curraba de noite e Jesus tiña curro polo serán, máis paga a pena rematar con tempo e máis estes días nos que as tardes duran un suspiro. Puñalada trapera é unha gozada, e bastante completa: nos primeiros longos abundan as placas e o equipamento, na parte superior dominan os diedros, as fendas e a autoprotección; penso que o longo máis dificil é o segundo (mellor pola esquerda mais así non das chapado a chapa vermella) e o sexto mantén algo de compromiso pero non é necesarío clavar, ten algún pitón máis dos que pon no bosquexo e pásase sen rezarlle a ningún santo, porén algo hai que navegar. A vía é toda moi boa pero, para min, os mellores longos son o terceiro, cuarto e o sexto e o peor o quinto, que está cheo de pinchos e verdura. O bosquexo do Luichy unha xoia a enmarcar, he he. Déixovos cunhas fotos e, ao final, unha pequena montaxe de vídeo, a primeira que fago deste tipo, traballo me deu e aínda así non é ningunha marabilla pero... con moito respecto, he he!! Podedes ver máis fotos no Blog de Jesus

Jesus comezando a gastar pel e gatos, este L1 plaqueiro hai que facelo, 6a+.
Comezando o L2, tamén placa fina, 6c, ao baixar esvarei sobre unha placa humida e esgarrei todo o pantalón... era cuestión de cortar ou remangar, mellor remangar a ver se con algo de fío o recupero para uns días maís! he he.
O terceiro longo é outra placa perfecta, 6c.
Jesús na parte final dese L3, preciosa foto!
De novo o meu compi, agora atacando eses desplomes coma un titán! Bonito longo, 6b+.
O L6 é mo bo, ten unha saída magnífica sobre unha fenda de dedos tipo Utah e, despois de superar o teitiño hai que navegar, 6a+.
Jesus agarrado ao diedro desplomado do último longo, V+, atragantóuselle un pouco, alén de que embaixo hai unha sabina seca cos paos apuntando para arriba coma se fose unha trampa para leóns dun comic de tarzán... para ensartarte mellor!!
Precioso Montrebei!!

Pequeno vídeo, xa irei perfeccionando a técnica, he he

5 comentarios:

  1. Del video: lo mejor la musica, las imagenes cutrillas cutrillas.

    toño

    ResponderEliminar
  2. Eso yo también lo tengo claro, ha ha, el Jessica (allman brothers) nunca falla, pero ya iré mejorando la tecnica de montaje y adecuando los vídeos para que se complementen bien, esto fué un comienzo Toño! Por cierto... copia este enlace en el navegador: http://www.youtube.com/watch?v=guJIB7F90RA y te verás trepando en la visera ha ha, antes de hacer el vídeo estuve probando como era eso de colgar vídeos en youtube y claro... probé con un víedo tuyo porque era el que tenía a mano, ese está bastante bien sin trucar!!

    ResponderEliminar
  3. Veo que ya has caido en lo de los profesionals videos...jejeje

    ResponderEliminar
  4. poe cierto entra en youtube y ponlo como publico....que sale como privao en el blog

    ResponderEliminar
  5. Ya veo que hai cachondeo!! he he, gracias por avisar Edu, ando probando cosas y luego no me entero, aún no se como te diste cuenta que salía como privado? media hora me he tirao para encontrar la pestañita de los huevos! Me gustan más las fotos pero a veces tambien mola un montaje de estes, principalmente si tienes tiempo, y estoy en Lugo y parado con tendinitis, solo que queda correr como los cobardes! En fin... se hace lo que se puede, pero tu haces videos bastante decentes... hai que tener la idea, con algunos me he reido un montón! no es coña! tu no eras Scorsese de segundo apellido?? he he, un abrazo!

    ResponderEliminar