mércores, 18 de xullo de 2012

Mallo Pisón: Principau de Asturies

Época de calores en Riglos... pero na norte do Pisón a temperatura era ideal para trepar. Toño acompañoume tranquilamente a media mañá a facer esta boa vía aberta por Edu, Kiko, Lolo e Marta hai uns anos. A ruta ten un terceiro longo moi duro, onde ademais hai que xestionar ben a corda para evitar demasiado rozamento, ben chapada ao estilo Riglos e na procura das panzas e dos panos duros desta parede. Déixovos cunhas fotos, o bosquexo podedes velo en Aragón Vertical

Boa foto que me fai Toño co Fire detrás

O primeiro longo, un grupo de rapaces de cursiño obsérvanos, 6b.

Toño no L2, pasas ao carón dun bloque enorme! 6b+

Toño iniciando o L3, un longo duro que ten as cintas postas, nunha panza inmunda, ás que me agarrei sen piedade, 7b+.
Saíndo da panza dese L3, pasos a bloque!

Toño comezando o L4, 7a, precioso! unha placa fina e logo aguantar un desplome de boa presa.

O último longo, 6b+, longo pouco definido nas panzas da parte superior, non te equivoques porque hai algún sartenazo bo!!

Rapelando pola mesma vía, o segundo que rapela ás veces separrase ata 7-8 mts da parede; tamén se pode baixar polas viras que van dar ao collado do Puro.

Outra boa foto que me fai Toño chegando ao chan!!

2 comentarios:

  1. Vaya taxón relicto que aparece en las fotos... debe ser de los pocos que se atreven a escalar en Riglos sin el casco... qué puta makina!!! un abrazo al Toño y a ti Master por estas pedazo de vías que algún día me atreveré a escalar....

    ResponderEliminar
  2. Este tiene la cabeza muuuy dura, va sin casco a todas partes, excepto en hielo, a mi siempre me pilla algo el casco pero a él nunca, igual hay que cambiar de estrategia

    ResponderEliminar